Menú
Todas as nosas rutas, coas súas etapas, as súas noites e o seu prezo de saída.
6 camiños
Percorre os últimos 100 quilómetros da ruta xacobea máis universal: seis días de Sarria a Santiago entre carballeiras, aldeas e hórreos. A distancia xusta para conseguir a Compostela.
Desde 175 € por persoa
A versión en sete días dos últimos 100 quilómetros do Camiño Francés: a etapa máis longa divídese en dúas con noite en Melide, capital galega do polbo. Xornadas máis curtas e tempo para gozar de cada vila.
Desde 414 € por persoa
O tramo galego do segundo Camiño máis transitado: sete días desde a vila medieval de Tui ata Santiago por vilas termais, pontes romanas e as rías. Etapas amables e historia en cada parada.
Sete días desde a vila mariñeira de Baiona ata Santiago: primeiro a costa das Rías Baixas coas illas Cíes no horizonte e despois o trazado clásico do Portugués. Mar, historia e boa mesa.
Cinco días entre mosteiros, viñedos de albariño e unha travesía en barco pola ría de Arousa seguindo a ruta Translatio, a que trouxo o corpo do Apóstolo a Galicia. O único vía crucis fluvial do mundo.
Desde 276 € por persoa
O Camiño máis antigo desde a cidade da muralla romana: seis días de interior lucense, corredoiras e bosques ata se unir ao Francés en Melide. Esixente, auténtico e con menos peregrinos.
Desde 345 € por persoa