Camiño Inglés dende Ferrol
Sete días desde Ferrol ata Santiago por unha das rutas históricas de peregrinación a Compostela. Paisaxes verdes, pequenas vilas, patrimonio e gastronomía galega nun Camiño tranquilo e cheo de historia.
- 115,1 km
- 7 etapas
Desde 285 € por persoa
Solicitar este camiñoO camiño
O Camiño Inglés parte de Ferrol, un dos grandes portos históricos de Galicia, onde durante séculos desembarcaron peregrinos procedentes das Illas Británicas e do norte de Europa. Desde aquí, a ruta avanza cara a Santiago seguindo antigos camiños entre bosques, ríos e pequenas aldeas.
Durante seis días descubrirás algúns dos paisaxes máis verdes e tranquilos de Galicia: o mosteiro de San Martiño de Xubia, as rías de Ferrol e Betanzos, a ponte medieval de Sigüeiro e pequenas localidades onde a vida galega transcorre ao seu propio ritmo.
A ruta tamén ten o seu propio sabor: mariscos e peixes das rías, empanadas, queixos e produtos da gastronomía galega que atoparás ao longo das diferentes etapas. E, por suposto, a historia está presente en cada recuncho, desde as antigas igrexas e mosteiros ata os camiños que durante séculos percorreron os peregrinos chegados por mar.
A última etapa levarate desde Sigüeiro ata Santiago, atravesando bosques e camiños rurais antes de entrar no casco histórico de Compostela, Patrimonio da Humanidade. Un final perfecto para un Camiño íntimo, histórico e profundamente galego.
Modalidades e prezos
Etapa a etapa
Día 1
Ferrol
Chegada
Chegada a Ferrol, punto de partida do Camiño Inglés cara a Santiago de Compostela, con 114 km por diante. Aproveita a tarde para coñecer o barrio da Magdalena, o corazón da cidade, a Concatedral de San Xiao e o seu paseo marítimo.

Noite en Ferrol
Día 2
Ferrol → Pontedeume
A pé29,6 km6 h
Primeira etapa do Camiño Inglés que parte de Ferrol e avanza entre paisaxes costeiras e rurais ata Pontedeume. Goza do percorrido pasando por localidades como Neda e Fene, e déixate sorprender pola chegada a Pontedeume, co seu casco histórico e a súa emblemática ponte sobre o río Eume.

Noite en Pontedeume
Día 3
Pontedeume → Betanzos
A pé22 km5 h
Segunda etapa do Camiño Inglés que une Pontedeume con Betanzos. O percorrido atravesa bosques, pequenas aldeas e paisaxes rurais, con algunhas subidas e baixadas que fan desta unha das etapas máis esixentes. A chegada a Betanzos permite descubrir o seu impresionante casco histórico e o seu rico patrimonio medieval.

Noite en Betanzos
Día 4
Betanzos → Bruma
A pé24 km4,5 h
Etapa que transcorre entre bosques, aldeas e tranquilos paisaxes rurais. Unha xornada máis esixente que recompensa coa chegada a Bruma.

Noite en Bruma
Día 5
Bruma → Sigúeiro
A pé25 km4,5 h
Etapa que transcorre entre bosques, pequenas aldeas e tranquilos paisaxes rurais. Unha xornada agradable que nos achega cada vez máis a Santiago e remata en Sigüeiro, ás portas da cidade.

Noite en Sigüeiro
Día 6
Sigüeiro → Santiago de Compostela
A pé14,5 km4 h
Última etapa do Camiño Inglés, de Sigüeiro a Santiago de Compostela. Un percorrido especial que culmina na Praza do Obradoiro, onde poderás celebrar a chegada á meta e gozar do corazón histórico da cidade.

Noite en Santiago de Compostela
Día 7
Fin do Camiño
Saída
Saída do aloxamento e fin dos servizos contratados.

Imaxes do camiño

Preguntas frecuentes
Que tipo de calzado debo levar?
Botas ou zapatillas de trekking que xa teñas usadas. Estrear calzado no Camiño é a causa máis común de ampolas.
Non fai falta bota alta: en Galicia mólla igual, e o que importa é que o pé vaia cómodo e suxeito. Leva calcetíns técnicos sen costuras e dous pares por se un se molla.
Necesito adestrar antes de facer o Camiño?
Non fai falta estar en forma, pero chegar camiñado nótase moito.
Con saír a andar 1 ou 2 horas un par de días por semana durante o mes anterior abonda. Se podes, fai unha camiñada longa coa mochila e o calzado que vaias usar: é a mellor forma de descubrir a tempo que che rozа.
É un Camiño axeitado para principiantes ou persoas con pouca forma física?
Si. O tramo desde Sarria é o máis transitado e o máis preparado de todo o Camiño Francés, con vilas, bares e aloxamento cada poucos quilómetros.
Non hai tramos técnicos nin de montaña. As etapas son de 20-25 km por pistas e sendeiros, e sempre se poden acurtar. Se che preocupa o ritmo, escríbenos e axustámolo.
Que documentación necesito para facer a viaxe?
O DNI ou pasaporte en vigor, e a tarxeta sanitaria europea se vés de fóra de España.
Para o Camiño necesitas ademais a credencial do peregrino, que se sela polo menos dúas veces ao día nos últimos 100 km e é o que permite pedir a Compostela ao chegar a Santiago. Conséguese en Sarria, na parroquia, os albergues e as asociacións de amigos do Camiño.
É necesario un seguro de viaxe?
Non é obrigatorio, pero si moi recomendable. Un seguro de asistencia en viaxe cobre a atención médica e, segundo a póliza, a cancelación se ao final non podes viaxar.
Antes de contratar un pola túa conta, escríbenos: dicímosche exactamente que coberturas leva a túa viaxe para que non pagues dúas veces polo mesmo.
Teño que levar a mochila todo o día?
Non, se queres transportamos a túa mochila de aloxamento a aloxamento: déixala pola mañá e atópala ao chegar.
Só camiñas cunha mochila pequena de día, con auga, algo de comer, chuvasqueiro e o que precises polo camiño.
Que levo na mochila do día?
Auga, algo de comer, chuvasqueiro, protección solar, gorra e o móbil cargado. En Galicia pode chover en calquera época, así que o chuvasqueiro vai sempre aínda que saia o sol.
Engade tiritas ou apósitos para ampolas: non pesan nada e agradecerás levalos.
Cal é a mellor época para facer o Camiño?
De abril a outubro é a tempada con mellor tempo e todos os servizos abertos. Maio, xuño e setembro adoitan ser os meses máis agradables: temperaturas suaves e menos xente que en pleno agosto e, polo tanto, tamén son os meses máis concurridos.
No inverno tamén se pode camiñar, pero hai menos horas de luz e algúns aloxamentos pechan.
Que é a Compostela e como se consegue?
É o certificado que expide a Catedral de Santiago a quen completa o Camiño.
Para pedila hai que ter camiñado polo menos os últimos 100 km e presentar a credencial con dous selos por día nese tramo. Recóllese na Oficina do Peregrino, en Santiago.
Podo facer o Camiño con nenos?
Si, e é unha experiencia estupenda en familia. O tramo desde Sarria non ten dificultade técnica e hai vilas a miúdo para parar.
A clave é acurtar as etapas e non marcarse horarios. Dinos as idades e montamos o itinerario con días máis suaves.
Hai que reservar con moita antelación?
En verán e Semana Santa convén reservar con meses de antelación: é o tramo con máis peregrinos e o aloxamento esgótase.
O resto do ano hai máis marxe, pero canto antes reserves, máis opcións terás de elixir o itinerario e os aloxamentos que mellor che encaixen.
Para o próximo ano 2027 o tempo corre. É ano Xacobeo e moitos aloxamentos xa non dispoñen de moito oco.