Menú
O esencial ben feito: aloxamentos sinxelos, prezo contido e asistencia de principio a fin.
11 camiños
Percorre os últimos 100 quilómetros da ruta xacobea máis universal: seis días de Sarria a Santiago entre carballeiras, aldeas e hórreos. A distancia xusta para conseguir a Compostela.
Desde 175 € por persoa
A versión en sete días dos últimos 100 quilómetros do Camiño Francés: a etapa máis longa divídese en dúas con noite en Melide, capital galega do polbo. Xornadas máis curtas e tempo para gozar de cada vila.
Desde 200 € por persoa
O tramo galego do segundo Camiño máis transitado: sete días desde a vila medieval de Tui ata Santiago por vilas termais, pontes romanas e as rías. Etapas amables e historia en cada parada.
Desde 220 € por persoa
Sete días desde a vila mariñeira de Baiona ata Santiago: primeiro a costa das Rías Baixas coas illas Cíes no horizonte e despois o trazado clásico do Portugués. Mar, historia e boa mesa.
Desde 250 € por persoa
Cinco días entre mosteiros, viñedos de albariño e unha travesía en barco pola ría de Arousa seguindo a ruta Translatio, a que trouxo o corpo do Apóstolo a Galicia. O único vía crucis fluvial do mundo.
O Camiño máis antigo desde a cidade da muralla romana: seis días de interior lucense, corredoiras e bosques ata se unir ao Francés en Melide. Esixente, auténtico e con menos peregrinos.
Desde 190 € por persoa
Sete días desde Ferrol ata Santiago por unha das rutas históricas de peregrinación a Compostela. Paisaxes verdes, pequenas vilas, patrimonio e gastronomía galega nun Camiño tranquilo e cheo de historia.
Desde 285 € por persoa
E se o teu Camiño non rematase na Catedral? Estende a túa viaxe 90 quilómetros máis dende Santiago ata o lendario «fin do mundo» en Fisterra, onde a terra se une co Atlántico. O broche de ouro para a túa peregrinación, entre bosques galegos, tradición e os mellores solpores da costa.
Desde 170 € por persoa
Percorre os últimos quilómetros do Camiño de Inverno: 8 días desde Monforte de Lemos ata Santiago entre viñedos da Ribeira Sacra, bosques, aldeas e paisaxes do Miño. Unha ruta tranquila e auténtica para conseguir a Compostela.
Desde 235 € por persoa
De Baiona a Santiago, o Camiño Portugués pola Costa combina paisaxes mariñeiras, praias e vilas galegas coa maxia da Variante Espiritual, os seus mosteiros, natureza e o Traslatio pola ría de Arousa.
Desde 380 € por persoa
O Camiño Portugués desde Tui ata Santiago coa Variante Espiritual é unha experiencia que combina historia, natureza, cultura galega e fermosas paisaxes costeiras. Ao longo do percorrido atravesamos aldeas con encanto, bosques, mosteiros e antigos camiños xunto aos ríos, ata chegar á espectacular ría de Arousa. A navegación en barco durante a Traslatio engade un elemento único á viaxe, antes de continuar cara a Padrón e rematar na emblemática Praza do Obradoiro. Unha ruta variada e especial, perfecta para gozar do Camiño máis alá do propio reto deportivo.
Desde 375 € por persoa