Aviso legal
Última actualización: 04/08/2026.
Titular do sitio web
Este sitio web é titularidade de Camino Galicia, con domicilio en Redondela (Pontevedra) e correo de contacto caminogalicia.pt@gmail.com.
Razón Social: Andrea Fernández González
NIF: 44093672G
Domicilio fiscal: Rúa os Eidos 19 2º, 36800 Redondela (Pontevedra)
Licenza de Axencia de Viaxes: XG-1058
Condicións de uso
O acceso a esta web é libre e gratuíto. Ao usala comprométeste a facelo conforme á lei e a non empregala para fins que poidan danar os dereitos de terceiros ou o funcionamento do propio sitio.
Resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos, os prezos publicados e a dispoñibilidade das rutas, así como a suspender temporalmente o acceso por tarefas de mantemento.
Propiedade intelectual
Os textos, as fotografías, o deseño e o resto de elementos desta web están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial. Non se permite a súa reprodución, distribución nin transformación sen autorización expresa do titular.
As marcas e logotipos que aparecen pertencen aos seus respectivos propietarios.
Ligazóns a outros sitios
Esta web pode incluír ligazóns a páxinas de terceiros. Non controlamos os seus contidos nin as súas políticas, e non asumimos responsabilidade por eles. A súa inclusión non implica que respaldemos o que publican.
Responsabilidade
Poñemos coidado en que a información de rutas, etapas e prezos sexa correcta e estea ao día, pero non podemos garantir que estea libre de erros. Os prezos que amosa a web son estimacións: o importe definitivo confírmase por escrito antes de pechar calquera reserva.
Dereitos da persoa viaxeira e lexislación aplicable
As viaxes combinadas comercializadas pola nosa axencia están suxeitas á normativa vixente en materia de protección das persoas consumidoras e usuarias e, en particular, ao Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias.
Esta normativa establece, entre outros, os seguintes dereitos da persoa viaxeira:
Información previa á contratación, incluíndo as características principais dos servizos, o prezo e as condicións da viaxe.
Información e documentación contractual en soporte duradeiro.
Dereitos en caso de modificacións da viaxe ou das súas condicións antes da saída.
Dereito a cancelar a viaxe antes do seu inicio, nas condicións establecidas legalmente.
Dereitos ante incumprimentos ou falta de conformidade durante a viaxe, incluíndo, cando corresponda, a reparación, a redución do prezo ou a indemnización.
Dereito a asistencia cando a persoa viaxeira se atope en dificultades durante a viaxe.
Protección fronte á insolvencia, nos termos establecidos pola lexislación vixente.
Presentación de reclamacións
En caso de incidencia ou falta de conformidade durante unha viaxe combinada, a persoa viaxeira poderá comunicala á nosa axencia para a súa correspondente xestión, de acordo co establecido na normativa aplicable.
O artigo 161 do Real Decreto Lexislativo 1/2007 establece que a persoa viaxeira pode dirixir as súas reclamacións indistintamente ao organizador ou ao minorista. O minorista deberá recibir e xestionar a reclamación, directamente ou trasladándoa á persoa ou entidade responsable correspondente, e informar a persoa viaxeira sobre a súa evolución.
Para presentar unha reclamación ante a nosa axencia, pode utilizar as canles indicadas no apartado «Reclamacións» desta páxina.
Normativa completa
Pode consultar o texto consolidado e actualizado do Real Decreto Lexislativo 1/2007 directamente no Boletín Oficial do Estado (BOE):
