Ir ao contido
Camino Galicia

Camiño Portugués pola Costa

Sete días desde a vila mariñeira de Baiona ata Santiago: primeiro a costa das Rías Baixas coas illas Cíes no horizonte e despois o trazado clásico do Portugués. Mar, historia e boa mesa.

  • 123,6 km
  • 8 días
  • 7 noites
  • 6 etapas a pé
  • Dificultade doada

Desde 250 € por persoa

Solicitar este camiño

O camiño

O Camiño Portugués pola Costa é a alternativa atlántica: comeza en Baiona, a vila á que chegou a carabela Pinta coa noticia do descubrimento de América, custodiada pola fortaleza de Monterreal.

As primeiras etapas bordean a ría de Vigo coas illas Cíes no horizonte e percorren a senda da Traída das Augas antes de se uniren en Redondela ao trazado clásico do Camiño Portugués.

Desde aí, o itinerario encadea a ponte de Pontesampaio, o casco histórico de Pontevedra, a vila termal de Caldas de Reis e Padrón, berce dos pementos máis célebres do país.

A chegada ao casco histórico de Santiago, Patrimonio da Humanidade, pon o broche a unha semana entre o mar e o interior das Rías Baixas.

Modalidades e prezos

Etapa a etapa

  1. Día 1

    Baiona

    Chegada
    Chegada a Baiona, vila mariñeira protexida pola fortaleza de Monterreal. No seu porto consérvase unha réplica da carabela Pinta, a primeira en traer a noticia do descubrimento de América.

    Noite en Baiona

  2. Día 2

    Baiona → Vigo

    A pé25 km6 h
    Etapa costeira polas Rías Baixas coas illas Cíes sempre á vista. O camiño combina praias, sendas litorais e a entrada en Vigo, a maior cidade de Galicia.

    Noite en Vigo

  3. Día 3

    Vigo → Redondela

    A pé15 km3,5 h
    Xornada curta pola senda da Traída das Augas, un camiño en balcón con vistas continuas á ría de Vigo, ata Redondela, onde a ruta se une ao Camiño Portugués central.

    Noite en Redondela

  4. Día 4

    Redondela → Pontevedra

    A pé19,6 km5 h
    Etapa que cruza a ponte romana de Pontesampaio, escenario da batalla na que as tropas napoleónicas foron derrotadas en 1809. A chegada ao casco histórico de Pontevedra, coa súa igrexa da Peregrina, é das máis fermosas do Camiño.

    Noite en Pontevedra

  5. Día 5

    Pontevedra → Caldas de Reis

    A pé21,1 km5 h
    Saída de Pontevedra pola ponte do Burgo e xornada entre bosques e regatos ata Caldas de Reis, vila termal desde época romana onde repor forzas nas súas augas.
  6. Día 6

    Caldas de Reis → Padrón

    A pé18,6 km4 h
    Etapa tranquila ata Padrón, vila ligada a Camilo José Cela e a Rosalía de Castro. É parada gastronómica obrigada: os seus pementos, uns pican e outros non, son famosos no mundo enteiro.
  7. Día 7

    Padrón → Santiago de Compostela

    A pé24,3 km6 h
    Última xornada pasando polo santuario da Escravitude antes de entrar en Santiago. O premio final: o casco histórico Patrimonio da Humanidade e a praza do Obradoiro.

    Noite en Santiago de Compostela

  8. Día 8

    Fin dos nosos servizos

    Saída

    Durmes no aloxamento seleccionado e fin dos nosos servizos.

Imaxes do camiño

Preguntas frecuentes

  • ¿Podo facer o Camiño só e aloxarme en hoteis ou hostais?

    Si, por suposto. Podes realizar o Camiño de forma individual e aloxarte en hoteis e hostais. En Camino Galicia ofrecémosche esta opción sen necesidade de formar parte dun grupo.

    De feito, é unha opción moi habitual: moitas persoas deciden facer o Camiño soas para gozar da experiencia ao seu propio ritmo, desconectar e vivir cada etapa dunha maneira máis persoal.

    Nós encargámonos de organizar os teus aloxamentos, os traslados da equipaxe e a asistencia durante o Camiño, para que ti só teñas que preocuparte de camiñar e gozar da experiencia.

    Se viaxas só, non significa que esteas só: o Camiño é un lugar onde é moi doado coñecer outros peregrinos e compartir momentos ao longo da ruta.

  • ¿No Camiño de Santiago vou ter un guía acompañante?

    Non. As nosas viaxes están deseñadas para que fagas o Camiño ao teu propio ritmo, sen un guía acompañante durante as etapas.

    Aínda así, non estarás só. En Camino Galicia encargámonos de organizar todos os servizos necesarios e terás asistencia durante a viaxe para resolver calquera dúbida ou imprevisto que poida xurdir.

    Ti só tes que camiñar, gozar da paisaxe e vivir a experiencia do Camiño á túa maneira.

  • Que tipo de calzado debo levar?

    Botas ou zapatillas de trekking que xa teñas usadas. Estrear calzado no Camiño é a causa máis común de ampolas.

    Non fai falta bota alta: en Galicia mólla igual, e o que importa é que o pé vaia cómodo e suxeito. Leva calcetíns técnicos sen costuras e dous pares por se un se molla.

  • Necesito adestrar antes de facer o Camiño?

    Non fai falta estar en forma, pero chegar camiñado nótase moito.

    Con saír a andar 1 ou 2 horas un par de días por semana durante o mes anterior abonda. Se podes, fai unha camiñada longa coa mochila e o calzado que vaias usar: é a mellor forma de descubrir a tempo que che rozа.

  • Que documentación necesito para facer a viaxe?

    O DNI ou pasaporte en vigor, e a tarxeta sanitaria europea se vés de fóra de España.

    Para o Camiño necesitas ademais a credencial do peregrino, que se sela polo menos dúas veces ao día nos últimos 100 km e é o que permite pedir a Compostela ao chegar a Santiago. Conséguese en Sarria, na parroquia, os albergues e as asociacións de amigos do Camiño.

  • É necesario un seguro de viaxe?

    Non é obrigatorio, pero si moi recomendable. Un seguro de asistencia en viaxe cobre a atención médica e, segundo a póliza, a cancelación se ao final non podes viaxar.

    Antes de contratar un pola túa conta, escríbenos: dicímosche exactamente que coberturas leva a túa viaxe para que non pagues dúas veces polo mesmo.

  • Teño que levar a mochila todo o día?

    Non, se queres transportamos a túa mochila de aloxamento a aloxamento: déixala pola mañá e atópala ao chegar.

    Só camiñas cunha mochila pequena de día, con auga, algo de comer, chuvasqueiro e o que precises polo camiño.

  • Que levo na mochila do día?

    Auga, algo de comer, chuvasqueiro, protección solar, gorra e o móbil cargado. En Galicia pode chover en calquera época, así que o chuvasqueiro vai sempre aínda que saia o sol.

    Engade tiritas ou apósitos para ampolas: non pesan nada e agradecerás levalos.

  • Cal é a mellor época para facer o Camiño?

    De abril a outubro é a tempada con mellor tempo e todos os servizos abertos. Maio, xuño e setembro adoitan ser os meses máis agradables: temperaturas suaves e menos xente que en pleno agosto e, polo tanto, tamén son os meses máis concurridos.

    No inverno tamén se pode camiñar, pero hai menos horas de luz e algúns aloxamentos pechan.

  • Que é a Compostela e como se consegue?

    É o certificado que expide a Catedral de Santiago a quen completa o Camiño.

    Para pedila hai que ter camiñado polo menos os últimos 100 km e presentar a credencial con dous selos por día nese tramo. Recóllese na Oficina do Peregrino, en Santiago.

  • Podo facer o Camiño con nenos?

    Si, e é unha experiencia estupenda en familia. O tramo desde Sarria non ten dificultade técnica e hai vilas a miúdo para parar.

    A clave é acurtar as etapas e non marcarse horarios. Dinos as idades e montamos o itinerario con días máis suaves.

  • Hai que reservar con moita antelación?

    En verán e Semana Santa convén reservar con meses de antelación: é o tramo con máis peregrinos e o aloxamento esgótase.

    O resto do ano hai máis marxe, pero canto antes reserves, máis opcións terás de elixir o itinerario e os aloxamentos que mellor che encaixen.

    Para o próximo ano 2027 o tempo corre. É ano Xacobeo e moitos aloxamentos xa non dispoñen de moito oco.